‘Respirar’ un proceso fisiolóxico indispensable para a vida. Con máis de 15 anos de experiencia sobre os escenarios, Andrea Pousa presenta o seu primer álbum en solitario RESPIRAR.
Hai un punto, arredor de certas músicas, onde todos nos sentimos limitados a hora de ter que etiquetalas, mesmo verbalizalas.
Ese é o mundo onde a voz emocionante de Andrea Pousa habita e da forma, a través dun puñado de cancións diversas, picando aquí e acolá; lirismo, tradición, vanguardía, popular… Todas elas cancións orixinais, excepto unha versión innovadora da coñecida “Negra Sombra” de Rosalía de Castro e Xan Montes.
Cancións interpretadas en galego, castelán e portugués.
O caso é que Andrea é quen de transmitir todo iso sendo ela mesma, con elegancia e frescura, conformando coa súa voz clara e firme.
Un estilo de canción que sitúa os seus propios límites na contorna do Atlántico.
Producido polo compositor e músico Nani García, trátase dun traballo elaborado con moito gusto que sabe sacar a verdadeira esencia de Andrea Pousa, con unha calidade musical e artística moi sofisticada.
Á venda en CD físico: